Cabeza castrexa atopada no Monte do Castro en Agudelo (Barro) / Museo de Pontevedra

A enigmática cabeza castrexa do Museo de Pontevedra

Tempo de lectura: 1 min.

Esta cabeza de granito, posiblemente da época dos castros, coa faciana de ollos moi avultados e nariz triangular de base ancha, foi achada casualmente no Monte do Castro en Agudelo (Barro, Pontevedra). A falta de contexto non permite precisar ben a súa cronoloxía.

Dende o Museo de Pontevedra acaban de facer unha modelaxe en 3D desta enigmática peza.

 

Cabeza de granito do Monte Güimil
by Museo de Pontevedra
on Sketchfab

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: