Muralla romana de Lugo / senmais.com

A muralla romana de Lugo en postais

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello de Lugo, dentro dos actos do 15 aniversario da muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade decidiu sacar unha orixinal idea en forma de postais.Por iso, realizou 10.000 postais das 10 portas da Muralla que ofrecen a súa visión na antigüidade e na actualidade, 1.000 de cada porta. Estas postais poden adquirirse no Centro de Interpretación da Muralla por un prezo de 20 céntimos.

“Trátase dunha homenaxe á Muralla, dando a coñecer que as portas da Muralla están sempre abertas, que a cidade é unha cidade aberta, de xente aberta e acolledora, que recibirá aos seus visitantes de forma moi grata e satisfactoria”, subliñou durante a presentación a conselleira de Cultura de Lugo, Carme Basadre.

Tamén no marco deste programa previo ao Arde Lvcvs, a asociación Civitas Lucensis e Lucus Equites, así como Lugdunum, Asemblearias e Pax Romana, realizarán obradoiros históricos.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: