O vicerreitor de Comunicación da USC, Xosé Pereira; o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo; e o director do CEDE, Carlos Teijo.

A USC clausura a exposición sobre os 30 anos de entrada na UE

Tempo de lectura: 2 min.

O Centro de Estudos e Documentación Europeos (CEDE) da USC mantivo estas semanas no Colexio de Fonseca a exposición ‘España e a Unión Europea, historia dunha relación 1962-2016’, o marco da celebración este ano do 30 aniversario do ingreso de España na UE.Esta mostra itinerante, organizada pola Representación da Comisión Europea en España, o Arquivo Dixital España-Unión Europea e os Arquivos Históricos da UE do Instituto Universitario de Florencia. percorre desde o 15 de marzo os 37 Centros de Documentación Europea da rede Europe Direct. Agora marcha para a Universidade do País Vasco coa finalidade de “facer pedagoxía e mostrar á sociedade en xeral o proxecto de paz, estabilidade e democracia que é a Unión Europea, que permitiu modernizar as estruturas económicas, políticas e xurídicas españolas”.

A clausura tivo lugar esta mañá nun acto no que participaron o vicerreitor de Comunicación da USC, Xosé Pereira; o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea da Xunta de Galicia, Jesús Gamallo; e o director do CEDE, Carlos Teijo. Gamallo incidiu en que “Europa é hoxe máis necesaria que nunca, e para contribuír a que sexa máis sólida e próspera é preciso contar cunha única opinión pública europea, e non coa suma de 28, como ata agora acontece”. O director xeral reivindicou ademais unha maior presenza de postos de responsabilidade de España e Galicia nos órganos de decisión euuropeos.

Logo da clausura tivo lugar na Facultade de Dereito unha mesa redonda sobre ‘O ingreso de España na UE como vector de modernización económica, política e xurídica’ moderada polo director do CEDE, Carlos Teijo, e na que os profesores Xavier Vence, Ramón Máiz e Isabel Lirola analizaron estas tres décadas de inmersión de España en Europa, coa participación na moeda común, un investimento comunitario de 150.000 millóns de euros (contabilizando unicamente os fondos rexionais como FEDER, FSE e Cohesión) e a modernización das estruturas económicas, políticas e xurídicas españolas.

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: