fbpx

A USC desenvolverá o proxecto Mondoñedo dixital: cidade histórica

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello de Mondoñedo e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) asinarán un convenio de colaboración para desenvolver o proxecto ‘Mondoñedo dixital: cidade histórica e patrimonio’, que ten como principal obxectivo estudar a riqueza patrimonial deste municipio e pola en valor.

Este proxecto tomará como punto de partida o estudo do patrimonio cultural mindoniense a partir das fontes documentais que se conservan nos arquivos municipal e catedralicio, así como no Arquivo do Reino de Galicia, o Arquivo Histórico Nacional, o Arquivo da Chancillería de Valladolid ou o Arquivo Militar de Segovia.

Unha vez recompilada toda a información, deseñarase unha base de datos para ordenala e facilitar a súa localización.

As actividades que se desenvolverán no marco deste acordo terán que estar terminadas o 31 de decembro de 2018 e os traballos serán realizados por un equipo de investigación que dirixirá o profesor Gonzalo Francisco Fernández Suárez, no departamento de Historia e no Centro de Estudo da Historia da cidade mindoniense.

 

Pode que che interese...