fbpx
Castro de Cameixa, en Boborás / LR

O castro que volve á vida en Boborás 70 anos despois

Tempo de lectura: 2 min.

O Castro de Cameixa será novamente excavado despois de que o fixeran Xaquín Lorenzo e Cuevillas entre os anos 1944 e 1946.

O Castro de Cameixa, en Boborás (Ourense), volve novamente a rexurdir das súas cinsas logo dun período de esquecemento de 70 anos. Este ben será novamente escavado durante os próximos meses de xullo e agosto. Así o confirmou o arqueólogo, Jorge Lamas, durante o acto de presentación do “X Congreso do Centro de Estudos Chamoso Lamas. O home e o medio: Os estudos comarcais como base da investigación”, que se celebrará en Carballiño do 14 ao 16 de maio.

Precisamente, Lamas encargarase da dirección dos traballos nese castro, cuxa financiamento asumirá o Concello de Boborás, que tramita nestes momentos coa familia propietaria dos terreos a cesión por un período de 10 anos, coa intención de continuar coas campañas en sucesivos veráns. Precisamente, os restos deste castro aínda se conservan grazas a que un antepasado da familia de Tomás Vila, propietaria do terreo, encargouse de cubrir os achados para evitar saqueos. Agora a familia, honra a súa memoria, cedendo a propiedade.

Fotos das primeiras escavacións do Castro de Cameixa, en Boborás / Concello de Boborás

Fotos das primeiras escavacións do Castro de Cameixa, en Boborás / Concello de Boborás

Nesta primeira campaña actuarase en 500 metros cadrados (do total de 2.000 do castro), nos que xa Xaquín Lorenzo e Florentino López Cuevillas deixaran ao descuberto varias vivendas e murallas, entre 1944 e 1946.

300 traballos realizados na comarca de Carballiño

Durante a presentación deste congreso, Jorge Lamas xunto co presidente do Centro de Estudos Chamoso Lamas, José Luís Sobrado, e o secretario, Miguel García, destacaron esta comarca como “unha dás máis investigadas de Galicia”. Unha afirmación que vén avalada polos máis de 300 traballos desenvolvidos durante os últimos 20 anos e presentados nos congresos bianuais.

A día de hoxe, Sobrado confirmaba que xa hai 52 relatorios de moi diversas disciplinas como arquitectura, historia, clima ou natureza, entre outras, ademais da arqueoloxía, na que se abordarán os descubrimentos máis recentes ademais de intervencións realizadas como a limpeza da.

 

Pode que che interese...