fbpx
Cartel do II Congreso EINIACA

Os novos investigadores afondan no futuro da arqueoloxía

Tempo de lectura: < 1 min.

A Asociación Cultural de Arqueoloxía e Ciencias da Antigüedade (ARCIAN) celebrará este xullo o seu II congreso EINIACA co obxectivo de afondar no coñecemento da investigación arqueolóxica.

Cartel do II Congreso EINIACA

Cartel do II Congreso EINIACA

O cónclave, que terá lugar os días 20, 21 e 22 de xullo, celebrarase na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Neste encontro preténdese a interacción entre os novos investigadores, que mediante a posta en común das súas dificultades e obstáculos, poidan alcanzar solucións e outras vías de estudo que permitan o seu enriquecemento académico.

 

O Comité Organizador de EINIACA está formado por un grupo heteroxéneo de estudantes en etapa predoutoral que pretenden fomentar e impulsar as investigacións dos novos investigadores nas áreas dá Arqueoloxía, Prehistoria e Historia Antiga. Está integrado por Mguel Carrero Pazos (Estudante predoctoral USC), Rebeca Cordeiro Macenlle (Estudante predoctoral USC), Mikel Díaz Rodríguez (Estudante predoctoral USC), Alba Antía Rodríguez Nóvoa (Estudante predoctoral USC), Alia Vázquez Martínez (Estudante predoctoral USC) e Benito Vilas Estévez (University of Wales Trinity Saint David).

ARCIAN anima a todas as persoas que se atopen na súa etapa de investigación inicial a participar neste encontro. Os interesados poden remitir un correo electrónico a einiaca16@gmail.com.

Pode que che interese...