fbpx
Gravado de Salcedo / Asociación Patrimonio dos Ancares

Piden a categoría de BIC para o enigmático gravado de Salcedo

Tempo de lectura: < 1 min.

A asociación Patrimonio dos Ancares dixiriu á Consellería de Cultura unha petición para que se declare ben de interese cultural (BIC) un antigo relevo descuberto en 1951 en Salcedo -na Pobra do Brollón- que se conserva desde principios dos anos setenta na localidade do Cebreiro.

O colectivo tamén informou por escrito ao bispado lucense da existencia desta peza, sinalando que estivo gardada durante moito tempo na hospedería San Xiraldo de Aurillac -propiedade da Igrexa- e que foi levada alí polo sacerdote e historiador Elías Valiña Sampedro, o célebre dinamizador do Camiño de Santiago, nomeado párroco do Cebreiro en 1959. A noticia en La Voz de Galicia.

Pode que che interese...