fbpx
Muralla romana de Lugo / senmais.com

Roteiro pola Vía XIX dentro das actividades do Lvcvs Cvltvral

Tempo de lectura: < 1 min.

O Concello de Lugo organizou este recorrido cultural, dende Conturiz á Ponte Romana, para dar a coñecer dun xeito práctico a vía romana XIX, que unía Braga e Astorga a través de LugoA Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, achegouse este sábado a Conturiz, dende onde partiu unha trintena de persoas para realizar a Ruta Vía XIX, ata a Ponte Romana. Trátase dunha actividade enmarcada na programación do Lvcvs Cvltvral posta en marcha polo Concello para quentar motores para o Arde Lvcvs. Nesta andaina participaron membros do Senatus Lucus Augusti así como do Clan de Bregán.

O Concello organizou este recorrido cultural para dar a coñecer dun xeito práctico a vía romana XIX, que unía Braga e Astorga a través de Lugo.

Tamén enmarcados dentro do Lvcvs Cvltvral, as asociacións Civitas Lucensis, Lucus Equites, Lugdunum, Asamblearias e Pax Romana levaron a cabo obradoiros en Montirón e no Sagrado Corazón. ¡

Pode que che interese...