fbpx
Nova faciana do mirador da Pedra da Rá, en Ribeira / tripadvisor.es

Integrar o patrimonio na natureza ten o seu premio

Tempo de lectura: < 1 min.

O proxecto de remodelación do miradoiro de Pedra da Ra, en Ribeira, foi seleccionado para formar parte do Pavillón de España na XV Bienal de Venecia de Arquitectura.

Esta obra de recuperación do patrimonio e da súa integración na paisaxe é unha das 21 finalistas dos 58º Premios FAD de Arquitectura, tras ser elixida entre 416 obras presentadas de España e Portugal. O proxectocompetirá na categoría de ‘Cidade e Paisaxe’, enfrontándose a tres iniciativas: Nou Accés ao Centre Històric de Gironella, Hortas de Caramoniña e Pis Zero.

Os nomes dos gañadores daranse a coñecer na mesma festa de entrega dos premios, que terá lugar o 8 de xuño no Disenny Hub Barcelona. O xurado, formado por Moisés Galego, Patricia Barbas, Eduardo de Miguel, Maite Prats, Rosa Remolà e Julia Schulz-Dornburg, indicou que a restauración do miradoiro ribeirense “é unha sutil intervención que extrae os elementos superfluos que se engadiron á roca buscando a esencia do emprazamento”. Fonte: loqueyotedigo.net