Iván de Rosario, Teresa Rivas, Jorge Feijóo e Iago Pozo, integrantes do Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo | DUVI

Novos métodos para a limpeza e posta en valor do patrimonio

A UVigo colabora con investigadores gregos para optimizar o uso de láser na limpeza de patrimonio en granito.

Investigadores da Universidade de Vigo, da Universidade da Coruña (UDC) e o grupo Photonics for Cultural Heritage do Institute of Electronic Structure and Laser Foundation for Research and Technology de Grecia traballan de forma conxunta para optimizar o uso do láser na limpeza do patrimonio arquitectónico e arqueolóxico construído en granito ou rochas afíns.

Así, científicos do departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e o Medio, e persoal do Laboratorio de Aplicacións Industriais de Láser da UDC achegan o seu coñecemento sobre as propiedades das rochas graníticas e o seu comportamento, así como sobre a interacción entre o láser e as rochas, así como os elementos que lles afectan (algas, cianobacterias, fungos, líquenes, bostelas derivadas de contaminantes, etcétera).

Segundo explicou a investigadora Teresa Rivas, a limpeza do patrimonio con láser non é un método moi estendido, xa que queda restrinxido a grandes intervencións, que contan con importante financiamento. Non obstante, trátase dunha alternativa viable, sempre que haxa un estudio científico previo, levado a cabo entre o restaurador e o investigador, que así o aconselle.

Este proxecto, dotado con 108.900 euros, é a continuación de outro, tamén liderado por Teresa Rivas, no que se abordou con éxito a avaliación da eficacia dos métodos químicos e mecánicos para limpar pátinas biogénicas, costrar negras e grafitis que afectan ao granito.

 

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: