Muralla Romana de Lugo / panoramio.com

Obras para evitar a deterioración da Muralla romana

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria comezou obras de saneamento e impermeabilización no adarve da Muralla de Lugo, á altura da Porta de San Pedro, para evitar filtracións de auga que poderían prexudicar ao monumento, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.Segundo precisou a delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias, son traballos previstos no plan de mantemento da Muralla, aos que a Consellería de Cultura destina máis de 640.000 euros.

“Son traballos ordinarios de conservación que están previstos no plan de mantemento do monumento e que se abordan precisamente neste momento porque as actuacións sobre o adarve non interferen na nidificación dos vencejos”, indicou.

Arias aclarou que a Xunta trata de compatibilizar “o coidado e o respecto pola colonia de vencellos”, unha das máis importantes de España segundo a Sociedade Española de Ornitoloxía, “co coidado do monumento”, de modo que “as áreas de Patrimonio Cultural e de Conservación da Natureza están a traballar conxunta e coordinadamente para que isto sexa posible”.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e premendo as teclas Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: