fbpx
Fortaleza de Monterrei / turismo.gal

Partidas para adecentar o castelo de Monterrei

Tempo de lectura: < 1 min.

Turismo de Galicia e o concello acordan impulsar a limpeza dos arredores e a información turística deste ben.

A responsable da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro e o alcalde de Monterrei, José Luís Suárez, aproveitaron a V Feira do Viño de Monterrei para asinar dous acordos cos que adecentar e poñer en valor a fortaleza deste concello.

Por unha banda, a contratación dunha brigada ambiental que realice o mantemento periódico e elimine así a maleza dos arredores da fortaleza e, pola aoutra, a apertura dunha oficina permanente de turismo no interior do complexo histórico, que non só preste asesoramento aos turistas sobre o monumento, senón que tamén proporcionen información do resto de puntos de interese da comarca de Monterrei.

Outra das actuacións que están interrompidas son as dos accesos ao recinto á fortaleza. O achado dunha calzada de alto valor cultural paralizou as mesmas e deixou sen efecto as execucións previstas pola Axencia de Turismo de Galicia, para as que dotara unha partida orzamentaria próxima aos 400.000 euros. Máis en La Región.

Pode que che interese...