Mostra sobre os petróglifos galegos de Xulio Gil no Parque Rupestre de Campo Lameiro

Un percorrido visual polos petróglifos galegos

O Parque Arqueolóxico de Campolameiro inaugura unha mostra do matemático e fotógrafo vigués Xulio Gil.

Petróglifos galegos / mostra de Xulio Gil

Petróglifos galegos / mostra de Xulio Gil

Figuras nas rochas. Un percorrido visual polos petróglifos de Galicia“. Así se chama a exposición que comeza este martes na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico de Campo Lameiro.

Trátase dunha escolma de fotografías de petróglifos realizada por Xulio Gil, matemático e fotógrafo vigués que foi “Premio da Crítica en Artes Plásticas” no ano 2013, e que presume dunha fonda querenza pola Prehistoria. Esta montaxe expositiva prolongarase durante toda a semana coa idea de celebrar a efeméride do “Día Internacional dos Museos”.

A visita é gratuíta coa entrada xeral ao Parque. No caso de visitas guiadas é necesaria a reserva previa entre os días 17 e 20 de maio.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: