fbpx
Illa do Areoso Guidoiro, na ría da Arousa / youtube.com

A Xunta intervirá na illa do Guidoiro Areoso

Tempo de lectura: < 1 min.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de sacar a concurso o prego do concurso público polo que se elixirá á empresa arqueolóxica que realizará unha nova intervención na Illa do Guidoiro Areoso (A Illa) , considerado como un dos máis importantes xacementos megalíticos de Galicia.A empresa seleccionada terá que escavar a que se coñece como mámoa 4 cun prazo de execución máximo de catro catro meses e por razóns técnicas o prazo mínimo aceptable é de tres (3) meses. O orzamento de licitación será de 51.902,95 €, IVE incluído.

Este illote é tristemente coñecido pola situación de abandono de parte dos seus bens, unha situación que xa ten denunciado en varias ocasión o colectivo Pandulleiros.

Pode que che interese...