fbpx
Integrantes do colectivo Capitán Gosende no petróglifo bautizado como de "Porriñeiras" / Capitán Gosende

Aparece outro gravado rupestre en Cerdedo

Tempo de lectura: < 1 min.

Un novo petróglifo apareceu en Cerdedo, e xa van dous nunha semana, grazas a labor de recuperación do patrimonio que realiza a asociación Capitán Gosende.

Foi o pasado domingo cando integrantes deste colectivo descubrirpm outro gravado rupestre, e van xa vinte e cinco. O novo achado localízase no cimo dun outarelo pertencente á parroquia de Figueiroa, a escasos 200 m cara ao leste da estrema coa parroquia de Parada (a uns 800 m ao sudoeste do lugar do Milladoiro) e a pouco máis de 300 m ao norte da foz do río Lérez.

O petróglifo atópase nun eminente afloramento granítico (situado a 548 m de altitude) no que, previamente, os axentes erosivos deixaran a súa impronta en forma de píos de gran cabida. A rocha tamén atópase partida a metade debido a labores de cantería. Os rochedos da contorna evidencian así mesmo que o lugar se empregou até hai pouco como canteira.

O petróglifo componse de 11 pequenas coviñas que, debuxo punteado, formarían un bico de frecha orientado cara ao nacente. Así e todo, o elemento máis interesante é un risco fino e serpeante que une dous dos píos naturais. As insculturas poden ter uns 4.000 anos de antigüidade.

O gravado (coordenadas: X: 551270; Y: 4710794), á espera de precisar o topónimo, foi bautizado co nome de “petróglifo de Porriñeiras”.

Pode que che interese...