Ventá arqueolóxica do Templo romano de Lugo / http://lagunadecospeito.blogspot.com.es/

Aprendendo da historia de Lugo

Todo Lugo é un museo ao aire libre. Escávese onde se escave atópase sempre un resto romano. Por iso, este concello leva anos concienciando aos seus veciños da necesidade de poñer en valor unha historia que é futuro e riqueza para a cidade.

Por iso, un arqueólogo do Concello de Lugo explicou no Encontro Monográfico do Patrimonio Cultural, unha iniciativa organizada este luns polo Consello da Cultura Galega, a intervención arqueolóxica e conservación dos restos do Templo Romano, que se atopan xunto ao Círculo das Artes, para amosar estes restos arqueolóxicos a través dunha ventá arqueolóxica. Ademais desta, a entidade local ten abertas outras 4 ventás no casco histórico de Lugo e unha máis no Vello Cárcere.

Neste foro tamén se abordaron a importancia doutras intervencións nos xacementos romanos de Vigo e se analizou a problemática da arqueoloxía urbana. Por iso se espuxeron dous casos coincidentes no tempo e problemática, pero con resultados diferentes, que dan pé a unha reflexión sobre a calidade das intervencións, así como da efectividade e eficacia da xestión patrimonial.

Neste encontro monográfico participaron, ademais, arqueólogos das delegacións de Pontevedra e de Lugo da Consellería de Cultura, así como un da Universidade de Vigo e unha arqueóloga da empresas encargada de realizar a intervención na cidade olívica.

 

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e premendo as teclas Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: