Atopan evidencias do gran enclave romano que foi o Tegra | Historia de Galicia
Ánforas romanas atopadas nas escavacións de Santa Tegra / equipo investigador

Atopan evidencias do gran enclave romano que foi o Tegra

Tempo de lectura: < 1 min.

Nos labores de escavación do castro atopouse a maior colección de ánforas romanas de Galicia de distintas formas e tamaños.

Son ate 15 ánforas romanas, 13 elas diferentes e dun período que abarca 200 anos. Un achado nas escavacións do Tegra que evidencian que este castro puido ser un importante enclave romano na antiga Gallaecia logo da súa conquista.

Na primeira escavación realizada no barrio de Mergelina atopouse o maior número de evidencias que, agora, teñen que ser estudadas xa que hai máis de 40.000 pezas, algunhas delas procedentes de Cartago, o norte de África e o Sur da Península Ibérica.

“Isto indica que non é un castro tradicional se non uno moi desenvolvido. Unha cidade co estilo e tipo de vida que en Sevilla”, apunta o arqueólogo da Deputación de Pontevedra e encargado das escavacións, Rafael Rodríguez. “Estas ánforas permítennos determinar, de antemán, que o grao de romanización aquí no século II antes de Cristo era moi elevado”, apunta.

De feito, salienta que Galicia e o Santa Trega non eran un lugar apartado do mundo senón que o nivel de vida era similar ao da época en Hispalis, a actual Sevilla. Entre as pezas atopadas, algunhas excepcionais. “Atopamos unha que traía aceite da Bética e as mellor conservadas son as Haltern 70, ánforas de viño procedentes da desembocadura do Guadalquivir”, indica.

As primeiras ánforas descubertas proceden do Norte de África e o sur da Península Ibérica e chegaron ao Trega no século IV antes de Cristo, “cargadas de salgaduras e viño”. As romanas chegan de sitios diferentes desde finais do II antes de Cristo: desde Italia, o Norte de África e, especialmente, dos actuais Tunes e Marrocos, Andalucía e Portugal. Fonte: La Voz de Galicia.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: