fbpx
Ribeira Sacra Paisaxe de Galicia / galiciaunica.es
Paisaxe do Miño na Ribeira Sacra / galiciaunica.es

Como cambiou a paisaxe galega durante miles de anos

Tempo de lectura: 2 min.

A interacción dos galegos coa paisaxe comezou hai 6.500-6000 anos antes de Cristo, coa creación dos túmulos funerarios. Nese momento o home comezou a modificar o seu entorno para adatarse a súa cultura e a súa sociedade.

Pola esquerda, Manuel Bragado (director de Xerais) e César Parcero e Felipe Criado, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC / CSIC Galicia

Pola esquerda, Manuel Bragado (director de Xerais) e César Parcero e Felipe Criado, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC / CSIC Galicia

Felipe Criado e César Parcero, do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC, manteñen unha conversa con GC sobre esta magna obra, recén publicada por Xerais, na que se recollen vinte anos de investigacións en Galicia sobre arqueoloxía da paisaxe, dende a Prehistoria até o Medievo.

E esta evolución foi estudada polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) que acaba de presentar unha obra que xa é un referente do patrimonio galego. Editado por Xerais, o Atlas Arqueolóxico da Paisaxe Galega presenta, en máis de 300 páxinas e 18 láminas, as diferentes formas de paisaxe cultural que se sucederon en Galicia desde o Neolítico até o Medievo.

O libro, que xa está nas librarías, é o froito de vinte anos de traballo levado a cabo polos científicos do Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC (Incipit), en Santiago de Compostela. Nel abórdase o estudo da construción sociocultural da paisaxe en Galicia, centrándose nos catro principais tipos de paisaxe que a arqueoloxía pode axudar a identificar e caracterizar: fósil, continuo, asociativo e enterrado. Así, por exemplo, presta atención á paisaxe megalítica do Barbanza, á paisaxe de terrazas do monte Gaiás (Santiago de Compostela) ou á paisaxe simbólica da parroquia de Cereixa (Pobra de Brollón), entre outros.

Galicia Confidencial convidou a manter un diálogo arredor desta obra a dous dos coordinadores deste proxecto, Felipe Criado Boado, director do Incipit, e César Parcero Oubiña, investigador deste centro, en representación do resto do equipo científico que fixo posible este traballo. Toda a entrevista no GC.

Pode que che interese...