fbpx
Vista do Castelo da Rocha, en Compostela / http://geomati-k.com/

Como é o gran castelo dos bispos de Santiago derrubado polos Irmandiños?

Tempo de lectura: 3 min.

Presentan un modelo en 3D do Castelo da Rocha, a gran fortaleza do Arcebispado de Santiago durante a Edade Media.Geomati-K Ingenería acaba de presentar un modelado en 3D do Castelo da Rocha, o gran castelo que o arzebispado de Santiago tiña ás aforas da cidade de Compostela e que foi derrubado durante as guerras Irmandiñas.

O traballo integra diversas tecnoloxías xeomáticas (topografía, GNSS, laser scanner, fotogrametría aérea e terrestre) para poder conseguir unha documentación métrica precisa para a elaboración posterior de distintas publicacións. A recreación basease en traballos realizados no no 2013, un par de anos antes de crear GEOMATI-K, por encargo da empresa de arqueoloxía A Citania dentro do proxecto ‘Intervención arqueolóxica integral de escavación, consolidación e restauración no Castelo da Rocha Forte’ .

Vista en 3D do Castelo da Rocha / http://geomati-k.com

Vista en 3D do Castelo da Rocha / http://geomati-k.com

O castelo de Rocha Forte data do ano 1240 e foi practicamente destruído nas guerras irmandiñas. Concibido como residencia e refuxio arzobispal, ademais de punto de recadación de impostos dos servos e de todo aquel interesado en entrar á cidade de Santiago de Compostela, conta cunha planta duns 4000 m2 na que a día de hoxe aínda se poden observar a dobre muralla, alxibe ou sistema de canalizacións ou a torre da homenaxe.

O castelo foi construído polo arcebispo Xoán Arias cara ao ano 1240 e, dende entón, serviu como residencia arcebispal e do cabido, sendo testemuña de gran parte da historia medieval de Santiago. No ano 1255 aparece a primeira mención documental da fortaleza en relación coas constitucións capitulares de Xoán Arias.

Tamén se rexistrou a reconstrución realizada por Berenguel de Landoira despois dos estragos causados polos cidadáns de Compostela no 1320, no que foi o primeiro enfrontamento documentado de moitos que tiveron lugar entre o concello e o bispado estando á fronte da sublevación Afonso Suárez de Deza, personaxe da familia dos Deza-Churruchaos e mordomo do fillo de Sancho IV de Castela, o infante Felipe. Estas loitas recolléronse no documento “Hechos de Don Berenguel de Landoira” no que se narra que no día da Purificación os cidadáns de Compostela atacaron e incendiaron o castelo, tendo que volver a ser levantado polo arcebispo.

Modelo en 3 D das murallas da Rocha Forte / http://geomati-k.com

Modelo en 3 D das murallas da Rocha Forte / http://geomati-k.com

Día da ira

Precisamente, esta fortaleza viviu un dos episodios históricos máis importantes de Santiago. O seu protagonista foi o dominico francés Berenguel de Landoria a quen o Papa Xoán XXII nomeou arcebispo de Santiago. Cando Berenguel chegou a Santiago no 1318, atopa as portas pechadas. A cidade estaba levantada en armas contra a Igrexa. Os burgueses composteláns querían conseguir que o Concello pasara a depender da Coroa no canto da Igrexa, coa intención de obter as vantaxes de ter a fonte de poder señorial máis afastada.

Berenguel de Landoria refúxiase no Castelo da Rocha e dende alí acomete as negociacións cos burgueses. Despois de meses de enfrontamentos, unha embaixada de burgueses en representación do Concello de Santiago acode á Rocha para negociar. Os soldados do arcebispo, bruscamente, pechan tódalas portas do Castelo e asasinan os representantes da cidade. Era o 16 de setembro do ano 1320, o día da Ira. Once representantes composteláns caen mortos acoitelados no patio do Castelo, entre eles, o autor dos “Hechos de Don Berenguel de Landoira” dá os nomes do propio Suárez de Deza, ao que denomina “Satélite de Satanás”, os seus parentes os irmáns Andrade, Martín Martínez (cóengo), Juan Varela (infanzón), Juan García de Mesía e o notario Gonzálo Yáñez.

Recreación da rocha Forte / wikipedia

Recreación da rocha Forte / wikipedia

Con esa traizón, o arcebispo conseguir dobregar a cidade. O 27 de setembro asinouse a paz entre as partes no adro da Igrexa de Santa Susana (lugar onde se reunía tradicionalmente o concello de Santiago) por medio da cal o arcebispo recuperou o control da cidade. A continuación procederá a fortificación da Catedral, incluíndo a famosa Torre da Berenguela.

Se queredes saber máis sobre este xacemento tan importante na historia de Galicia podése visitar a páxina www.rochaforte.info onde atopardes toda a información dá súa historia, as escavacións realizadas ou reconstrucións virtuais.

Pode que che interese...