fbpx
Muralla romana de Lugo / senmais.com

Como son as intervencións nos xacementos romanos?

Tempo de lectura: < 1 min.

O Consello da Cultura Galega (CCG) organiza unha xornada sobre as intervencións nos xacementos romanos. “Encontros monográficos co Patrimonio Cultural. Arqueoloxía na cidade. Dúas intervencións nos xacementos romanos de Lugo e Vigo”, é o título deste foro que terá lugar o 27 de xuño en Santiago.

“Estes tempos, en que as intervencións arqueolóxicas nos conxuntos urbanos son cada vez menos e menos urxentes ao socairo da crise económica, son un bo momento para reflexionar sobre estas intervencións que teñen a súa orixe nunha obra que se pretende desenvolver nun xacemento arqueolóxico urbano e que teñen a finalidade de documentalo e/ou conservalo e protexelo”, apuntan desde o CCG.

“A exposición de dous casos coincidentes no tempo e problemática, con resultados diferentes, danos pé a esa reflexión arredor da calidade das intervencións, da efectividade e eficacia da xestión patrimonial neste ámbito, da relación co coñecemento científico e outros”, engade.

Este é o programa:

16:45 horas

Presentación

17:00 horas

Unha pequena historia da xestión da arqueoloxía urbana en Galicia

Xulio Carballo Arceo, arqueólogo, Delegación de Pontevedra, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

17:30 horas

Factoría de salga na rúa Marques de Valladares no xacemento romano Pontevedra-Areal (Vigo)

Xulio Carballo Arceo, arqueólogo, Delegación de Pontevedra, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Adolfo Fernández Fernández, arqueólogo, Universidade de Vigo

Soledad Prieto Robles, arqueóloga, empresa Anta de Moura, que realizou a intervención

18:30 horas

Templo romano no Círculo das Artes. Ventá arqueolóxica Cidade de Lugo

Gonzalo Meijide Cameselle, arqueólogo, Delegación de Lugo, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Enrique González Fernández, arqueólogo, Concello de Lugo

Roberto Bartolomé Abraira, arqueólogo, director da intervención

19:30 horas

Debate