Restos de lixo preto do Templo Romano de Lugo / BNG

Denuncian a acumulación de lixo xunto aos restos do Templo Romano en Lugo

“En vésperas da chegada masiva de visitantes polo Arde Lucus non podemos permitir ter así o noso patrimonio arqueolóxico”, di o concelleiro do BNG Rubén Arroxo.

O grupo municipal do BNG denuncia que os restos do Templo Romano que se atopan xunto ao Círculo das Artes, en Lugo, estean cheos de lixo “é un lugar que só abre polo día, polo que debería existir un maior control do seu estado”. Este espazo abre en horario de 10h-22h e permanece pechado o resto do tempo, o seu acceso están pegado á porta de Bispo Aguirre, polo que está nun lugar estratéxico para poder ser visitado nas festas do Arde Lucus que comezan este xoves.

É por isto mesmo polo que dende o grupo nacionalista consideran que urxe retirar o lixo de aí “a imaxe de ter eses restos e ver a zona tan sucia, non axuda a poñer en valor a nosa cidade” afirmou Arroxo.

O concelleiro do BNG-Asembleas Abertas puido observar que o lixo se chega a meter incluso por debaixo da fiestra que cubre as ruínas, algo que nas súa opinión “cómpre remediar”. O propio edil nacionalista cre que esta situación é un exemplo de descoordinación do goberno municipal, e pide implicación das distintas áreas para evitar estas situación “vendo como accións simples sobre o noso patrimonio obteñen este grao de abandono, resulta difícil esixir cuestións maiores como que se tome en serio a situación do Cuartel de San Fernando”

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: