fbpx
Estado no que se atopa a Torre do Reloxio de Trives / Son de Trives

Denuncian o estado de abandono da Torre do Reloxo de Trives

Tempo de lectura: < 1 min.

O grupo político Son de Trives denuncia o estado de abandono e deterioro no que se atopa a Torre do Reloxo deste concello, un dos referentes turísticos máis emblemáticos do concello.

A Torre do Reloxo de Trives / Galipedia

A Torre do Reloxo de Trives / Galipedia

A través dun comunicado, este grupo anifesta a súa preocupación polo estado no que se atopa a citada torre, xa que, di, “no interior vese claramente como reina o lixo, a suciedade, estanterías baleiras… e un reloxo que non funciona desde fai moito tempo”.

Esta torre é unha imaxe emblemática da vila que formaba parte do antigo templo románico de San Bartolomé. Foi derruída nos anos 60 e reedificada en 1995 para orgullo dos triveses. Nos baixos hai unha pequena exposición que pode contemplarse a través das amplas cristaleiras cunha placa que reza “Que me quede como estou”.

Precisamente, Son de Trives lembra que a reconstrución da Torre do Reloxo prantexouse con fins esencialmente turísticos, para converter esa zona nun espazo emblemático e característico de Trives, ampliando así a oferta turística do concello. “Mais isto non é así”, denuncia. Por iso, insta ao grupo de goberno a tomar medidas no asunto, e “poña en practica un plan de protección de bens de interese (turístico, cultural, histórico…) para que, non so as persoas que van facer turismo, senón, os/as propios/as veciños/as de Trives se sintan orgullosos/as da fermosura, boa conservación e xestión do seu patrimonio histórico-cultural”.

 

Pode que che interese...