fbpx
Facultade de Xeografía e Historia da USC / fotosantiagoturismo.com

Encontro internacional sobre Memoria Histórica

Tempo de lectura: 2 min.

Un encontro internacional que terá lugar entre os dias 18 e 20 de xullo en Santiago revisará a memoria e a historia do golpe, a guerra e a posterior ditadura.A USC celebrará o encontro internacional ‘1936, ¿un novo relato? 80 anos, entre historia e memoria’, unha xoranda que xorde da “necesidade de sentar as bases para unha reconceptualización da memoria e da historia sobre o golpe, a guerra e a ditadura”.

Será entre os días 18 e 20 de xullo cando teña lugar este foro que pretende “valorar e analizar unha nova codificación que xa leva un tempo a desenvolverse e confrontala cuns relatos herdados que continúan a persistir, malia que con evidentes síntomas de esgotamentos”, explican os promotores deste congreso cuxa organización encabezan do grupo Histagra.

O encontro está concibido como un espazo de debate entre todos os participantes para que que está previsto que as intervencións dos relatores sexa de como máximo 15 minutos con réplicas doutros 5 minutos para facilitar a discusión aberta a todos os investigadores/as asistentes. Cada unha das xornadas dedícase a unha cuestión específica, comezando por avaliar se está esgotado o relato sobre a guerra civil e continuando polo bloque titulado ‘Un novo coñecemento para outros relato’, ata rematar co relativo á dimensión ética dos novos relatos sobre o pasado incómodo.

Como explican os investigadores, historiografía e estudos literarios pretenden dialogar neste foro arredor das visións e interpretacións que “a sociedade española actual manexa dun pasado incómodo e a dimensión ética do seu coñecemento” pero tamén para debater sobre “a necesidade dun novo relato sobre ese pasado e máis sobre os elementos dispoñibles para construílo”. As sesións celebraranse na Facultade de Xeografía e Historia e no Teatro Principal de Santiago.

Matrícula

A matrícula xa se pode formalizar tanto a través da web como de xeito presencial e estenderase ata aproximadamente dez días antes antes do inicio do curso en cuestión.

Sempre e cando se asista ao 80% das horas lectivas, as persoas inscritas recibirán un diploma acreditativo da súa participación. A USC recoñece os cursos de verán 2016 a efectos de créditos para o estudantado: dous créditos para cada curso de 25 ou máis horas e un crédito polos de menos de 25 horas (en todo caso, ata un máximo de seis créditos en total). A taxa xeral de matrícula é de 120 euros para os cursos de máis carga lectiva e de 70 para os de menos de 25 horas. Ademais, existe unha taxa reducida (de 70 e 40 euros, respectivamente) aplicable a alumnado universitario, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, persoas en situación de desemprego, socios/as da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e PDI e PAS da USC.

 

Pode que che interese...