Illa do Areoso Guidoiro, na ría da Arousa. A suba do nivel do mar e a presión turística está afectando aos seus restos arqueolóxicos

Guidoiro Areoso podería ocultar restos humanos de hai 4.000 anos

Tempo de lectura: < 1 min.

Iso é o que pensan os expertos da mámoa 4 que é a única que non foi saqueada. A presenza dun dos concheiros máis importantes de Galicia pode sacar a luz datos moi importantes sobre a vida na idade do Ferro.

A mámoa 4 de Guidoiro Areoso será obxecto dunha intervención este ano. De feito, a Xunta acaba de sacar o prego de condicións deste concurso. Unha escavación que terá por obxecto descubrir se na mámoa 4 hai restos humanos de máis de 4.000 anos.

Restos de osos en Guidoiro Areoso / www.manuelgago.org

Restos de osos en Guidoiro Areoso / www.manuelgago.org

Esta mámoa é a única que non foi saqueada e na que se poderían atopar estes restos. A acidez dos chans de Galicia provoca a desaparición completa de restos orgánicos en xacementos tan antigos, por iso é polo que nunca se localizaron restos óseos das persoas que se sepultaron nos dólmenes.

Pero esta situación cambia en ambientes mariños. A presenza do concheiro sobre a coraza da mámoa pode servir para coñecer os rituais e celebracións que se farían na contorna dos monumentos megalíticos, que no continente descoñécese pola desaparición dos restos orgánicos.

Trátase dun importante depósito de cunchas, espiñas de peces e ourizos de mar, ósos de animais e cerámicas. É o segundo concheiro coñecido en Galicia de épocas anteriores á Idade do Ferro e o de maiores dimensións. O outro foi localizado tamén no illote Areoso. Fonte: Faro de Vigo

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: