Achados atopados nos Chans do Cerqueiro, en Boiro / FB Centro Arqueolóxico do Barbanza

Importantes achados arqueolóxicos en Boiro

Numerosos restos cerámicos, ata 30 puntas de frecha de hai 4.500 anos e dúas cabanas castrexas son parte dos achados descubertos na intervención realizada no castro do Coto do Espiño, en Boiro, e nos Chans do Cerqueiro, unha zona próxima ao asentamento. Na campaña, que dirixiu o arqueólogo Ramón Fábregas, participou un grupo de investigadores do Departamento de Arqueoloxía da USC.

A debastadora acción dos incendios foi a que permitiu dar cos restos que levaron os investigadores da Universidade de Santiago de Compostela en colaboración co Concello de Boiro e a Comunidade de Montes de Moimeta para iniciar actuacións en Chan de Cerqueiro e Coto do Espiño.

Entre os obxectivos do proxecto está recuperar a maior cantidade de material posible para determinar con exactitude a época á que pertence este asentamento. Na intervención escavouse unha cabana castrexa no medio do que os investigadores definen como unha estrutura defensiva natural. “Unha localización que os habitantes do castro non elixiron ao azar”. Fonte: TVG

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e premendo as teclas Ctrl+Entrar.

Escrito por

Xornalista, profesor da USC e coordinador do HdG.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: