Igrexa parroquial de Santo Estevo de Sedes, en Narón, queimada por un acto vandálico / outono.ent

Incendiadas dúas igrexas en Narón

Tempo de lectura: 1 min.

O Bispado de Mondoñedo-Ferrol lamenta o incendio con contenedores e artefactos esplosivos contra dous templos que causan “malestar e ofensa” entre os veciños.O bispado de Mondoñedo-Ferrol manifestou o seu “profundo pesar” tras os dous incendios, supostamente intencionados, rexistrados na madrugada do sábado en senllas igrexas de Narón, uns feitos que “causan dano” e “propician malestar, ofensa e confusión”.

Capela de San Vivenzo de Plancente, en Narón, queimada por actos vandálicos / outno.net

Capela de San Vivenzo de Plancente, en Narón, queimada por actos vandálicos / outno.net

Nun comunicado remitido aos medios este domingo, o Bispado tamén se solidarizou “cos fregueses, os veciños e o párroco, feridos os seus sentimentos relixiosos máis profundos” e chamou á “serenidade” en “calquera circunstancia” en consonancia con “os seus valores cristiáns” para a construción “dunha sociedade xusta e pacífica”.

Segundo lembrou, na madrugada do sábado a igrexa parroquial de Santo Estevo de Sedes, en Narón, e a capela de San Vivenzo de Plancente, nesta mesma parroquia, foron obxecto de actos vandálicos. “Nas súas portas de madeira colocáronse colectores ardendo, impedindo o acceso ao interior”, indicou.

Ademais, denunciou que o autor ou autores “tentaron que o lume se propagase dentro dos templos, lanzando obxectos ardendo a través das xanelas” e “pondo en perigo os obxectos de culto”.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: