fbpx
Castro de Alobre, en Vilagarcía de Arousa / fotosdegalicia.com

Máis de 20.000 pezas atopadas no castro de Alobre

Tempo de lectura: < 1 min.

Entre elas 240 pezas de bronce, moedas da época republicana e numerosas evidencias dun rico comercio co Mediterráneo.Este martes remataron as obras no castro de Alobre, en Vilagarcía, no que se atoparon máis de 20.000 pezas arqueolóxicas nos 450 metros cadrados nos que se estivo traballando.

Estas prospeccións serviron para desvelar estruturas da época castrexa e de construción romana, así como a aparición dunha necrópole que podería ser do século IV antes de Cristo. Tamén apareceron mosaicos, polo que os especialistas pensan que podería existir unha vila romana.

Das pezas atopadas destacan 240 que son de bronce, algo moi inusual nestas intervencións. Tamén apareceron un denario de prata do 69 antes de Cristo, unha moeda da época republicana moi escasas en Galicia, fíbulas en perfecto estado de conservación, catro hebillas de lorica (armadura romana), un puñal, colgantes amorcillados, unha fíbula discoidal semellante ás achadas en Inglaterra, fragmentos de cerámica castrexa e de obxectos facturados en distintos puntos do Mediterráneo. Uns achados que demostran a importancia comercial deste sitio arqueolóxico.

Tras unha visita ao xacemento, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou que, tras investir 150.000 euros, haberá novos convenios. Por iso, animou á Xunta a ao Goberno central a participar. De feito, logo da intervención, o Ministerio de Fomento debería proceder a musealización do castro.

 

Pode que che interese...