Placa fundacional da igrexa máis vella de Moraña / A Rula

Moraña atopou o seu edificio máis antigo

Tempo de lectura: 2 min.

O colectivo A Rula acaba de divulgar un novo achado histórico, desta volta, o edificio máis antigo do Concello de Moraña, en Pontevedra. Tratarisase dunha duha igrexa moi pequenam, de estilo románico, situada no centro xeográfico do concello.

Con todo foi o médico e historiador Xosé Casal quen fixo público o achado que se atopa nas proximidades do castro de Paraños e do menhir da Lapa. A investigación da pedra fundacional do templo, en moi mal estado, foi fundamental para datar o edifico, que sería construído arredor do 1175 d. C.

O templo é románico e sufriu diferentes e continuas modificacións co paso dos séculos. Actualmente, da súa fachada orixinal só se conserva a cabeceira. Trátase dunha igrexa de ábsida semicircular, unido a un tramo rectangular e dividido en cinco tramos curvos por dous pares de columnas.

Curiosamente, o templo garda unha estreita relación coa igrexa de Santa María de Castrelos en Vigo. Ambas iluminan o interior do presbiterio cun e tres rosetóns, respectivamente, e a súa localización na ábsida non é nada habitual -normalmente figuran na fachada ou no teito do edificio-. Coinciden tamén na reiteración de moitos motivos decorativos, o que podería indicar, segundo apunta La Voz, que o mestre de Castrelos coñecía a igrexa de Gargantáns, e que mesmo puido estar a traballar na construción da mesma con anterioridade. É probable que a de Gargantáns sexa anterior, pois os arcos de Castrelos son máis apuntados, fronte aos clásicos arcos de medio punto do templo morañés.

“Xosé Casal afirma que é un feito curioso o poder seguir atopando datos como este, e agradece ao colectivo A Rula a súa implicación nestes asuntos que, aínda que non teñen unha relevancia poderosa fose do municipio, si axudan a escribir as páxinas da propia historia do concello morañés”, recolle o xornal. Até agora, a Fonte de Santa Xusta, datada no 1501, era considerada a construción con máis anos sobre Moraña. Fonte: La Voz

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: