Destrucción dos parapetos do Castro da Croa, en Ponteareas / http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es

Multa de 6.000 euros a Ponteareas por danar o Castro da Croa

O grupo ecoloxista Adenco denunciou en 2013, co anterior goberno popular, a destrucción de varias estruturas do castro pola apertura dunha pista fluvial.A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural impuxo ao Concello de Ponteareas (Pontevedra) unha multa de 6.000 euros polas actuacións realizadas para a construción dunha senda fluvial que danou o Castro da Croa e que non contaban coa preceptiva autorización.

Así o asegura a asociación Adenco que di que Patrimonio “obriga de restituír as cousas ao seu estado” ao concello despois de que os informes dos servizos técnicos de arqueoloxía da consellería concluíran que “hai danos no depósito derivados do corte do foso do castro”.

En vermello, alteracións e destrucións no Castro da Croa polas obras da senda fluvial /  http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es/

En vermello, alteracións e destrucións no Castro da Croa polas obras da senda fluvial / http://ponteareashistoriaviva.blogspot.com.es/

“Sorprendentemente, durante o proceso sancionador o Concello tratou de alegar descoñecemento da existencia do castro, a pesar de que este ben de interese cultural (BIC) figura nas normas do plan municipal e mesmo no Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ponteareas, tal e como sinalan os servizos técnicos do a Consellería”, asegurou o grupo nun comunicado.

Adenco recordou que “dende o momento da destrución” de parte deste castro, en Ribadetea a finais de 2013, denunciou estas actuacións e realizou diferentes iniciativas para poñer en coñecemento das autoridades competentes as afeccións que padeceu este elemento patrimonial.

En concreto, citan a destrución de parte dun parapeto defensivo e a retirada de terras con pas e outra maquinaria pesada dentro da área de protección integral. Segundo recordou a asociación, o Castro da Croa é un elemento patrimonial arqueolóxico de “enorme interese” catalogado como BIC e con protección integral que se localiza a parroquia de Ribadetea, no municipio pontevedrés de Ponteareas.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

1 Resposta

  1. 1 Abril 2017

    […] anos e medio desde que a denuncia da asociación ecoloxista ADENCO, en setembro de 2013, motivara a sanción de 6.000 euros ao Concello de Ponteareas polos danos ocasionados ao Castro da Croa. Pero, a pesar do tempo […]

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: