fbpx
No castro pequeno do Neixón (Boiro) atopáronse restos de cerámica fenicia / terraarquea.com

Nace un proxecto para estudar a presenza fenicia na Gallaecia

Tempo de lectura: < 1 min.

O Proxecto Estrímnides tenta pescudar os restos fenicios atopados no noroeste peninsular para facer unha análise da súa presenza no territorio.

Estiveron os fenicios na antiga Gallaecia?, cal foi a súa relación cos antigos pobladores destas terras?, tiveron asentamentos permanentes ou só foron comerciantes?… Estas son algunhas dúbidas aos que o Proxecto Estrímnides pretende esclarecer.

Así, o seu obxectivo será o estudo da presenza fenicia no noroeste peninsular (Galicia e norte de Portugal) durante o primeiro milenio a.C. O proxecto centrase en investigar as relacións comerciais que as comunidades do noroeste mantiveron con pobos do sur da Península Ibérica e o Mediterráneo en Xeral.

O Grupo de Estudo para a Prehistoria do Noroeste Ibérico (GEPN-USC), a Universidade de Sevilla e o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) presentan este xoves no Museo do Mar de Galicia (Vigo) este proxecto que está financiado polo Ministerio de Economía y Competitividad.

O programa de actividades inclúe a visita a arqueoteca da Universidade de Santiago de Compostela e o Museo do Mar, o Museo de Pontevedra e o Museo de San Antón en Coruña.

A semana culminara nunha reunión de traballo o xoves 16 que se celebrara no Museo do Mar no que se presentarán os obxectivos do proxecto á comunidade arqueolóxica galega. O programa contará coa intervención de: Josefa Rey Castiñeira e Javier Rodríguez Corral da Universidade de Santiago de Compostela, Emilio Abad do CESGA (Centro de supercomputación de Galicia) e Eduardo Ferrer Albelda, Francisco José García Fernández e Antonio Sáez Romero (Universidad de Sevilla) e o arqueólogo Juan Naveiro Lopéz.

Pode que che interese...