Imaxe promocional de National Geographic

National Geographic Channel celebra os seus 15 anos en Santiago

Tempo de lectura: 1 min.

A canle de televisión National Geographic Channel celebra os seus 15 anos de emisión en España cunha xira polo territorio nacional que arrancará este xoves en Santiago de Compostela.Esta acción baséase na viaxe real por distintas localidades de España dunha versión xigante, de catro metros de alto, do emblemático rectángulo amarelo de National Geographic, que estará na Praza da Quintana de Compostela este xoves e venres e viaxará ata o 5 de xullo por outras cidades, como Gijón, San Sebastián, Granada, Barcelona e Madrid.

A intención da cadea é sacar a súa marca á rúa e aproveitar para situala nalgúns “dos lugares máis belos” de España, coma se dun “grande marco fotográfico se tratase”.

En todas as cidades nas que estea, o público poderá achegarse á estrutura, tomar fotos e participar no concurso posto en marcha por National Geographic Channel, o premio da cal consiste en participar nunha das expedicións de National Geographic no continente que elixa o gañador.

O concurso estará en vigor durante os días de viaxe do logo, dende o 16 de xuño ao 5 de xullo. Para participar é necesario facerse unha foto co logo e compartila vía Facebook, Twitter ou Instagram co hashtag #NatGeo15años.

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: