fbpx
Campamento romano de Aquis Querquennis / youtube

Nova campaña no campamento romano de Aquis Querquennis

Tempo de lectura: 2 min.

O campamento romano de Aquis Querquennis será obxecto dunha nova campaña este verán que permitirá finalizar as escavacións na zona sur occidental do xacemento. Así o confirmaba o vicepresidente da Fundación Aqua Querquennae-Vía Nova, Antonio Rodríguez Colmenero. “Este é un ano de austeridade, actualmente estamos sen liquidez, pero unha vez se materialice o pago dunha subvención pendente da Deputación, levaremos a cabo vos traballos baixo a dirección de Santiago Ferrer”, explicou.Foi tras a reunión anual do padroado, integrado polos concellos de Bande e Terras de Bouro, a Deputación de Ourense, Xunta de Galicia (Industria, Cultura e Medio Ambiente), Abanca, Universidade de Santiago, Gas Natural Fenosa e Grupo Arqueolóxico Larouco,

Vista xeral do campamento romano de Aquis Querquennis / Karlos Conde-Panoramio

Vista xeral do campamento romano de Aquis Querquennis / Karlos Conde-Panoramio

Desde o organismo provincial, o deputado Pablo Pérez confirmaba este venres que está comprometida unha axuda de 30.000 euros, “que previsiblemente resolverase en xullo deste mesmo ano”, dixo. A esta cantidade, apuntaba Antonio Rodríguez, hai que engadirlle a achega de Gas Natural Feno, pero non da Xunta. “Actualmente non hai convocatorias que nos permitan continuar vos traballos iniciados fai catro décadas”, lamentaba

Aquis Querquennis, situado no trazado da calzada romana que outrora comunicou Braga (Portugal) con Astorga (León) á altura de Porto Quintela (Bande), data do século I e varios meses ao ano permanece alagado polas augas do encoro das Conchas. A escavación deste ano centraranse na zona escavada nos últimos anos onde se sitúan as letrinas, un barracón e unha parte da muralla da zona sur occidental.

“O obxectivo será escavar estes restos para, na campaña do ano 2017, poder consolidalos e reconstruílos á mesma altura que o resto de zonas do campamento”, explicou Santiago Ferrer, arqueólogo encargado de dirixir os traballos no xacemento, que subliñou como unha parte importante das 25.000 hectáreas que chegou a sumar o campamento militar que ofreceu cabida a uns 500 lexionarios, están aínda por descubrir. Fonte: La Región

Pode que che interese...