Unha das publicacións do Arquivo da Catedral de Santiago

O Arquivo da Catedral de Santiago comeza a publicar ‘Galicia Histórica’

O Arquivo da Catedral de Santiago comezou a publicar ‘Galicia Histórica. Folla de historia e documentos compostelanos’, unha pequena serie mensual de documentos que proceden dos seus fondos documentais.Estas publicacións pódense recoller de xeito gratuíto tanto no propio templo como descargar da súa páxina web, tal e como informou a Catedral a través dun comunicado.

Deste modo, preténdese recoller “o legado” de Antonio López Ferreiro a través da ‘Galicia Histórica, coa que o cóengo e historiados exerceu “un importante labor de difusión do patrimonio histórico e documental” desta comunidade.

O primeiro número ofrece tres historias: un suceso de 1364 relativo a un enfrontamento entre dúas persoas a causa dunhas propiedades, unha curiosa estatística sobre a poboación de Santiago en 1885 e un repaso polas procesións solemnes que transitaban polas rúas compostelanas nas principais festividades litúrxicas.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e premendo as teclas Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: