Os profesionais de arquivos, bibliotecas e museos contra o desmantelamento do CGAI
A Asociación Bamad Galicia de Profesionales dos Archivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación pediu un plan de mellora do Centro Galego das Artes da Imaxe (CGAI) e rexeita o seu desmantelamento, tras as denuncias feitas polos sindicatos.
Nun comunicado, este colectivo de profesionais asegura que un centro como o CGAI “debe velar” pola conservación do patrimonio audiovisual “galego e engade que se trata dunha institución “imprescindible” para a conservación da memoria de Galicia “e dos produtos artísticos e documentais audiovisuais”.
“Cremos que unha institución así non só non debe ser desmantelada senón que, ao contrario, debe contar con máis recursos para poder ofrecer as mellores condicións para a conservación e preservación para as xeracións futuras dos materiais audiovisuais”, afirma.
Por iso, solicita á Consellería de Cultura un “plan de mellora” deste centro que contribúa a dotalo das mellores condicións de profesionais e de instalacións” para facilitar a conservación do seu fondo documental.