Castro de Doade / museoetnografico.net

Os tesouros do castro de Doade

Tempo de lectura: 2 min.

Os traballos arqueolóxicos no castro de Doade (Lalín)sacan a luz miles de restos cerámicos, tanto castrexos como romanos; entre eles, unha pota e un pé de muíño, ademais de dúas construcións habitacionais.

Un dos máis interesantes foi unha pota de barro enteira, que, aínda que está moi astillada, poderase restaurar integramente, así como un pé de muíño circular de gran tamaño, tamén en bo estado. Ademais, atopáronse muíños redondos, naviformes, de man, fusaiolas, pesas de tear, corazóns de tellado, afiadores, alisadores, fíbulas de bronce, anacos de ferro ou distintos elementos de pallabarro, entre outros moitos.

Traballos no Castro de Doade (Lalín) / museoetnografico.net

Traballos no Castro de Doade (Lalín) / museoetnografico.net

Tamén apareceron numerosas pezas con decoracións moi variadas, a maioría moi sobrias de tipo Miño, aínda que existen algunhas de importación, como diversos anacos dunha ánfora bética, de orixe romana. Os materiais foron recuperados durante a primeira parte desta segunda fase das prospeccións, que concluíu a finais do mes pasado.

Tras o paso do xeorradar este pasado luns, o equipo de arqueólogos procederá á apertura de novas catas en puntos destacados do castro. Ademais, dúas restauradoras comezarán as obras de consolidación de vivenda castrexa totalmente escavada para despois sinalizar a zona, deixándoa visitable para o público en xeral.

Esta iniciativa do Museo Casa do Patrón en terreos da súa propiedade resulta posible grazas a un convenio asinado entre a Universidade de Santiago e a Xunta de Galicia a través dun proxecto de investigación con fins didácticos, no que colaboraron numerosos estudantes de máster de arqueoloxía, por mor doutro convenio de colaboración entre a USC e o propio museo, que tamén achegará os medios necesarios para acometer esta segunda fase de escavación a executar neste mes. Fonte: Faro de Vigo.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: