Monte Pindo desde o miradoiro do Ézaro / turismodegalicia.gal

Os xeólogos queren un Parque Natural no Monte Pindo

O Ilustre Colegio Oficial de Geólogos (ICOG), organización profesional dos xeólogos de todo o estado acaba de adherirse á iniciativa para declarar o Monte Pindo como Parque Natural.

“Isto supón un impulso definitivo a esta reivindicación social que cada día subscita un apoio social e académico máis unánime, mesmo alén do territorio galego. Non é a primeira vez que contamos coa adhesion dun Colexio Oficial, pero si o primeiro que o fai que opera a nivel estatal”, suliña a entidade Monte Pindo Parque Natural.

Monte Pindo / galiceando.com

Monte Pindo / galiceando.com

As formacións xeolóxicas do Monte Pindo son, desde hai tempo, motivo de estudo. De feito, xa se dedicou o recente Geolodía 2016, protagonizou unha Tese doutoral e mesmo a NASA fixouse na curiosa microbioloxía das grotas graníticas para avanzar na busca de vida alén do noso planeta. “Este incipiente interese débese en gran parte grazas ao esforzo investigador e divulgador do Instituto Universitario de Xeoloxía Parga Pondal, dependente da UDC, e en especial á constancia do seu director, o profesor Juan Ramón Vidal Romaní, gran colaborador e directivo da nosa entidade”, sinala a entidade.

O Monte Pindo tamén está proposto para os primeiros Xeoparques da Península Ibérica, unha figura de recoñecemento internacional dependente da UNESCO.

Tamén entrou en funcionamento unha nova casa de turismo rural, Cucurujú Aloxamento, que colle prestado o curioso e distintivo nome do lugar onde está ubicado. Trátase dunha fermosa casiña de pedra tradicional situada en plena ladeira do Monte Pindo, rehabilitada con moito gusto por Sabela Romar.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Escrito por

Xornalista, profesor da USC e coordinador do HdG.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: