fbpx
Ilustración das cantigas de Santa María / foto PD Wikimedia

Propoñen instalar unha placa en Compostela para lembrar as cantigas medievais

Tempo de lectura: < 1 min.

A concelleira do BNG de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, defende a instalación dunha placa na rúa da Moeda Vella, mencionada en cantigas medievais, para lembrar este fenómeno literario tan importante na Galicia medieval, así como para favorecer a visibilidade LGBTI.En diversas cantigas medievais do trobador Joám Vasques de Talaveira menciónase que na rúa da Moeda Vella, en Santiago de Compostela, viviu no século XIII unha parella de mulleres chamadas Sancha Pérez e María Leve. En concreto, unha destas cantigas usa como refrán “ena Moeda Velha vai morar / Dona Maria Leve, a seu pesar”.

“Que apareza o lesbianismo nos textos de forma tan explícita amosa que, a pesar da persecución eclesiástica e civil, houbo épocas históricas en que na sociedade convivían, de forma explícita, formas de relación entre persoas do mesmo xénero que mesmo deixaron pegada na literatura galega”, recolle o texto da proposta nacionalista.

A divulgación deste feito contribúe a favorecer o recoñecemento á diversidade sexual e a reivindicar a visibilidade LGBTI, tendo en conta os episodios de agresións homófobas acontecidos tanto histórica como recentemente en Santiago de Compostela.

Pode que che interese...