Antía Cal nunha campaña para buscar socios para o Museo do Pobo Galego

“Teño un museo”, a nova campaña do Museo do Pobo Galego

Tempo de lectura: 1 min.

A oficina de socios e socias do Museo do Pobo Galego inicia unha campaña para captar novos e novas asociadas.

Son os Rothschild, os Guggenheim ou os Thyssen as únicas persoas que poden posuír un Museo?  Pois parece que non. Os socios e socias do Museo do Pobo Galego tamén posúen unha entidade museística. E  nolo queren facer saber a través da campaña ‘Teño un museo’.

Esta campaña busca sumar persoas que queiran formar parte desta comunidade como estratexia de reforzamento do Museo do Pobo Galego. Un reforzamento que, segundo os e as promotoras da campaña, só pode vir dunha maior implicación na sociedade galega a través dos socios e socias. “Coas súas cotas contribúen ao mantemento económico da entidade, o que é importante; pero non o é menos a inserción do Museo na sociedade galega a través desta asociación que é o seu alicerce porque canto maior sexa o número de persoas que a conformen e a súa participación na vida do museo, máis se conseguirá un museo forte, independente e plural, un museo, como eles e elas din,  máis noso”, apuntan nunc omunicado.

Antía Cal, a familia Vázquez ( avó, filla, neto e neta todos socios do Museo) e Fran P. Lorenzo son as primeiras persoas que prestan a súa imaxe a esta iniciativa na que socias e socios, persoas anónimas e coñecidas de diversos lugares de Galicia e de fóra, profesións e idades, déixanse retratar pola cámara de Tino Viz xunto a unha peza que escolleron entre os fondos do Museo. A campaña, que comezou nas redes sociais, amplía a información a través do blogue  museodopobogalego.tumblr.com e na propia páxina web do Museo.

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: