Vaso de cerámica común Romana século III-IV d.C., aparecida no xacemento arqueolóxico de Santa Catarina de Reza Vella. Ourense

Un vaso para as ofrendas rituais

Tempo de lectura: 1 min.

O Museo provincial de Ourense presenta como peza do mes o vaso  de Reza Vella que foi testemuña de ofrendas.Esta peza foi atopada nas escavacións realizadas no xacemento arqueolóxico de santa Catarina de Reza Vella ou da veiga de Reça, topónimo coa que aparece citada na documentación alto medieval a contorna da capela homónima. O lugar, situado ao sur e protexido do norte é propicio para hortas e cultivos, e vía natural de comunicación na marxe dereita do Miño, e, como virían a demostrar estes traballos, un dos berces da cidade de Ourense.

É testemuña de ofrendas e do sentido da transcendencia. Trátase dun vaso de perfil troncocónico invertido con marcada carena, da que partirían dúas asas –consérvase só o arrinque dunha e un terzo da outra–, e non conserva o bordo; o ombro é invasado, arqueado e moi amplo, e o pé é estreito e alto. A súa pasta é de cor ocre, de composición micácea, textura fina e relativamente dura. O equipo arqueolóxico, dirixido por Mario César Vila, a enmarca no Baixo Imperio Romano, na tipoloxía V2A de Alcorta. Apareceu xunto con abundantes carbóns e fragmentos de óso e relacionado co nivel sobre o que se escavaron as fosas, e coas estruturas de combustión, que conforman a necrópole.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: