Xornada divulgativa sobre neurociencia nos museos coruñeses
Os Museos Científicos Coruñeses organizarán o 11 de xuño unha xornada de divulgación científica gratuíta sobre diferentes aspectos do cerebro e da neurociencia, segundo informa o Concello da Coruña.
‘Naukas Coruña: Neurociencia‘, nome co que se desenvolverá o evento, reunirá no escenario do Teatro Rosalía de Castro a oito profesionais que desenvolven a súa actividade en universidades e centros de investigación de todo o Estado. En concreto, ofrecerán charlas relacionadas coa temática do encontro.
A xornada, de acceso grautito, contará coa participación do monologuista coruñés Víctor Grande, que dinamizará o evento. Durante este, haberá relatorios sobre estimulación cerebral, como modela o noso pensamento a linguaxe ou sobre como fiarse da mente.