fbpx
Traballos arqueolóxicos no xacemento de O Cabrón, en Arbo / ocabron.wordpress.com
Traballos arqueolóxicos no xacemento de O Cabrón, en Arbo / ocabron.wordpress.com

Achelenses e neandertais conviviron en Arbo hai 200.000 anos

Tempo de lectura: 2 min.

As culturas achelenses e neandertais conviviron en Arbo hai 200.000 anos. Así o atestiguans as investigacións realizadas a partir dos restos atopados nas escavacións do xacemento de O Cabrón, situado neste concello.

Precisamente, as datacións destes instrumentos, entre 150.000 e 200.000 anos, fai que sexa un dos máis antigos de Galicia. Eduardo Méndez-Quintas, arqueólogo que dirixe a investigación, destacou en La Voz que “o máis importante e significativo” é o tipo de ferramentas que atoparon porque demostra que estes utensilios, propios “do final do período achelense”, non se corresponden en antigüidade coa época na que eran empregados, segundo a teoría respecto diso.

Por iso considera que “en certo punto da historia, achelenses e neandertales conviviron en territorio peninsular”. Un feito moi novidoso e que racha coas teorías que se manteñen desde os anos 50. Até o momento críase que as especies seguiran un proceso evolucionista diferente e que os humanos achelenses foron avanzando até dar paso aos neandertais.

“Os materiais atopados no Cabrón demostran a existencia de ferramentas fabricadas por ambas as especies nun período de tempo simultáneo, o que significa que, durante ese lapso temporal, ambas as especies coexistiron e non foi una a que evolucionou na outra”, engadiu ao suliñar que os achelenses chegasen desde África e os neandertales procedesen do sur de Asia.

Material lítico atopado en O Cabrón, en Arbo / ocabron.wordpress.com

Material lítico atopado en O Cabrón, en Arbo / ocabron.wordpress.com

Co obxectivo de continuar profundando nesta cuestión, o Centro Nacional de Investigación da Evolución Humana (CNIEH) de Burgos comezou un novo proceso investigador xunto ás universidades portuguesas de Lisboa, O Porto e Minho. Este novo proxecto denomínase Miño/Minho, e consiste nunha análise comparativa entre os restos que poidan ser atopados ao carón e outro do río, cuxa conca é considerada como “unha das áreas máis importantes para o coñecemento da prehistoria antiga peninsular”, segundo Méndez-Quintas.

Concentración de utensilios

O máis destacado da cova do Cabrón é concentración de utensilios. Isto significa, segundo o arqueólogo, que “o máis probable é que este xacemento fose utilizado como un lugar de encontro para o consumo de animais que non serían cazados alí senón transportados desde o punto da caza até o xacemento”.

Deste xeito, os restos achados poderían “reflectir unha tradición de varios séculos na que diversos grupos utilizaron o lugar como un punto no que atoparse e refuxiarse cada mes ou cada dous meses”. Fonte: La Voz

 

 

Pode que che interese...