fbpx
Dolmen de Dombate / turismo.gal
Dolmen de Dombate / foto turismo.gal

AGE denuncia o deterioro do dolmen de Dombate

Tempo de lectura: < 1 min.

O deputado de AGE, Xabier Ron, criticou a situación do Dolmen de Dombate e reclamou que a súa xestión “sexa pública” e estea orientada a “preservar e dar a coñecer este Ben de Interese Cultural para o goce da cidadanía”.

“Se hai un monumento patrimonial en Galicia que mereza a máxima consideración social, legal e cultural é, sen dúbida, o Dolme de Dombate. Este dolme é agora mesmo de titularidade provincial e, sabemos, que se está xestionando co Concello de Cabana de Bergantiños a través de convenios que establece esta deputación, dona do ben dende 1975”, apuntou na Comisión de Cultura do Parlamento galego.

“Deixando de lado evidencias que demostran que un concello pequeno non pode contar cos recursos suficientes para manter como se merece un ben de dimensión internacional como é o Dolme de Dombate, consideramos que o máis acaído é que a titularidade e a xestión plenamente públicas sexan da Xunta de Galicia e que, loxicamente, ela estableza os convenios de cooperación oportunos co Concello de Cabana de Bergantiños”, demandou o deputado.

Tamén lamentou a decisión adoptada polo PP, que se nega a aceptar a súa responsabilidade política ao non asumir a titulariedade e a xestión do Dolme de Dombate, “un Ben de Interese Cultural de incomparable beleza patrimonial”. Ao seu xuízo, a Xunta de Galicia, a través da súa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, “debería encargarse de salvagardar, protexer, dar a coñecer e velar pola integridade do patrimonio cultural galego; o que parece non entender”.

[wp_geo_map]

Pode que che interese...