Coto de Formigueiro, en Amoeiro / Concello de Amoeiro

Buscan voluntarios para a campaña arqueolóxica do coto do Formigueiro (Amoeiro)

Tempo de lectura: < 1 min.

Este luns comeza a exploración arqueolóxica no coto de O Formigueiro, en Amoeiro, tal e como xa contou Historia de Galicia. Esta iniciativa -financiada polo Concello de Amoeiro e desenvolvida a través dun convenio subscrito coa Universidade de Vigo-, contará cun equipo de traballo constituído por entre 8-10 persoas baixo a dirección do Profesor de Historia e Investigador Ladislao Castro, na que colaborará, así mesmo, o Arqueólogo Celso Rodríguez Cao.

Adicionalmente, tamén poderán formar parte desta empresa os voluntarios e as voluntarias que así o soliciten. Por iso, o Concello de Amoeiro fai unha chamamento a aqueles que queiran participar a través do correo electrónico: [email protected]

Baixo o manto deste chan escóndense séculos de historia romana, castrexa, medieval…na que latexan, entre outros, pegadas romanas, o Castro do Formigueiro e o Castelo de Alba de Búbal.

Tendo en conta que as xornadas levaranse a cabo, de luns a venres, en horario de 9 a 14 e de 16 a 18 horas, os interesados deben indicar a súaa dispoñibilidade diaria e horaria, que será transmitida á dirección do proxecto a efectos de aprobación e coordinación co resto do equipo de traballo. Tras o estudo das solicitudes recibidas, comunicarase o xeito de inclusión no equipo de exploración arqueolóxica.

Pode que che interese...

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: