fbpx
Museo | O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e da directora da Amtega, Mar Pereira, presiden a sinatura do convenio de colaboración con HPE / xunta.gal
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e da directora da Amtega, Mar Pereira, presiden a sinatura do convenio de colaboración con HPE / xunta.gal

A Cidade da Cultura gardará toda a memoria dixital de Galicia

Tempo de lectura: 2 min.

A Xunta acaba de presentar a Memoria Dixital de Galicia, un proxecto que pretende preservar e universalizar todo o patrimonio cultural da comunidade a través da súa dixitalización.

Deste xeito, o Consello da Xunta aprobou este xoves a estratexia para dixitalizar o patrimonio material e inmaterial galego, que se albergará no Centro de Proceso de Datos Integral (CPDI) do Gaiás, para “garantir a súa conservación, difusión e accesibilidade dende calquera lugar do mundo”, tal e como dixo o seu presidente, Alberto Núñez Feijóo.

Segundo dixo, este proxecto implicará a todos os axentes culturais –públicos e privados–, para preservar a memoria dos documentos escritos e visuais de Galicia e para que xurdan novos contidos da industria cultural. “Serán dixitalizadas todas as imaxes e documentos que están en centros de Galicia”, indicou ao insistir que se trata do proxecto “máis importante de Galicia” neste campo.

Para iso, a Xunta destinará 9,1 millóns porque “é un reto para as institucións culturais”. “Calquera persoa, en calquera parte do mundo, poderá consultar todos os documentos diante dun ordenador”, engadiu. Esta iniciativa, que será presentada ao longo deste mes, prevése que comece a estar operativa en outubro.

Catro patas

A Memoria Dixital de Galicia constará de catro partes, o

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e da directora da Amtega, Mar Pereira, presiden a sinatura do convenio de colaboración con HPE / xunta.gal

O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acompañado do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez e da directora da Amtega, Mar Pereira, presiden a sinatura do convenio de colaboración con HPE / xunta.gal

. Tanto o arquivo electrónico patrimonial, como o portal da toponimia estarán activos desde outubro. As axudas para a dixitalización serán de 800.000 euros. Actualmente, a biblioteca dixital de Galicia -Galiciana- ten xa 1,6 millóns de arquivos e 180.000 obxectos dixitalizados e será a canle de difusión do portal.

En todo este proceso utilizaranse distintas tecnoloxías, como a xeoreferenciación de elementos, técncias de 2D e 3D, realidade aumentada e Big Data. O horizonte para estar plentamente operativo é de cinco anos.

Pode que che interese...