Distintos camiños de Santiago / arquivoltas.com

De quen é a responsabilidade do coidado do Camiño de Santiago?

De quen é a responsabilidade do coidado dos camiños de Santiago?. Para a Xunta son os concellos, para os concellos é a Xunta quen debería ordenar esta cuestión e, mentres, o Foro do Camiño, denunciaba as obrar realizadas por Turismo de Galicia en varios tramos destes percursos protexidos por incumprir normativas sobre o Patrimonio e “obviar” o papel que a Dirección Xeral de Patrimonio debe ter neste asunto.

HdG preguntoulle ao presidente da Xunta sobre esta denuncia e tamén sobre a conservación dos distintos tramos do camiño e Alberto Núñez Feijóo foi contundente na súa resposta. Así, dixo que a Xunta ten que realizar obras nalgúns tramos dos distintos camiños de Santiago ante a “pasividade” dos concellos, que deberían ser, segundo el, os encargados da súa protección e conservación.

“A conservación dos camiños é competencia municipal. Nós asinamos convenios de limpeza cos concellos, pero logo son eles quen realizan estas labores. Todo o que facemos no Camiño o facemos sabendo que é de titularidade municipal”, suliñou.

Obras realizadas por Turismo de Galicia no Camiño de Santiago que, segundo o Foro do Camiño, poñen en perigo os trazados orixinais / Adega

Obras realizadas por Turismo de Galicia no Camiño de Santiago que, segundo o Foro do Camiño, poñen en perigo os trazados orixinais / Adega

Neste sentido, Feijóo mesmo foi máis alá e acusou a algúns destes municipios, como o de Santiago, de non atender as súas competencias. “Como os concellos non cuidan o Camiño, como o de Santiago, entón temos que ser nós os que asumamos esta competencia porque afecta a imaxe internacional de Galicia”, explicou.

Moita carga para os concellos

Sen embargo, algúns concellos xa se teñen queixado da imposibilidade de asumir a conservación dos distintos camiños que pasan polo seu territorio, agaś a de limpeza, por falla de recursos económicos.

O presidente galego tamén se referiu a que sexa Turismo e non Patrimonio quen dirixa estas obras e lembrou que todas as actuacións se fan coa supervisión desta segunda institución. Neste sentido, lembrou que a Dirección Xeral de Patrimonio xa mandou parar as obras que Turismo estaba realizando nun camiño real en Monterrei. “Dixo que non eran apropiadas e houbo que paralas”, suliñou.

“Todas as obras de Turismo están supervisadas por Patrimonio e aí seguiremos. Calquera obra seguirá sempre as directrices que diga esta secretaría xeral”, apuntou.

 

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: