fbpx
Paixase da Ribeira Sacra / turismo.gal

Diferencias entre as administracións bloquean a candidatura da Ribeira Sacra

Tempo de lectura: 2 min.

As deputacións de Lugo e de Ourense, a Consellería de Cultura e o Valedor do Pobo rexeitaron reunirse a última hora para desbloquear a candidatura da Ribeira Sacra. Unha candidatura que, a pesar de contar co apoio das deputacións de Ourense e Lugo e dos concellos da zona, non dá callado ante as diferencias xurdidas coa Xunta.

O proxecto está paralizado desde o pasado verán, cando a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural non aceptou o estudo que coordinou o Valedor do Pobo e financiou, con 100.000 euros, as deputacións de Lugo e Ourense. Precisamente, depende da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural a presentación da candidatura da Ribeira Sacra ao Ministerio de Cultura quen, á súa vez, ten que dirixila á UNESCO.

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, fixo o último intento de manter unha reunión conxunta, coa participación de técnicos destas administracións, para desbloquear a candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade, que leva 1 ano paralizada no departamento autonómica da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Este encontro, proposto pola Deputación de Lugo e acordado por todas as partes implicadas para este xoves, 14 de xullo, no Pazo de San Marcos, foi rexeitado este martes. Campos Conde avoga á responsabilidade das administracións implicadas e remarca a necesidade de celebrarse esta reunión, pois a candidatura da Ribeira Sacra está bloqueada dende o verán de 2015 por diferenzas técnicas entre o Valedor do Pobo e a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Este departamento autonómico da Consellería de Cultura respondeu ao Valedor do Pobo, indicando que eran necesarias modificacións na documentación para adaptala ás directrices da UNESCO. Tampouco estivo de acordo cos informes elaborados para declarar este espazo Ben de Interese Cultural (BIC), que é un dos pasos previos e imprescindibles para a súa posterior declaración como Patrimonio da Humanidade.

Ante esta situación, o equipo de expertos do Valedor do Pobo solicitou a colaboración dos técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e Patrimonio. Pasou un ano dende entón e nada se sabe, pois a Xunta de Galicia non se puxo en contacto coas administracións implicadas.

Pode que che interese...