fbpx
A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, cos membros do xurado dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación da Xunta / xunta.gal

Case cen candidaturas para os Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia

Tempo de lectura: < 1 min.

Un total de doce expertos escollerán entre 99 candidaturas aos gañadores dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia, que premiarán os mellores proxectos neste ámbito.

Así o anunciou a Xunta a través dun comunicado, no que suliña que 33 proxectos participan no Premio de Arquitectura, 53 no de Rehabilitación e 13 no Premio Especial á Substentabilidade. Pola súa banda, os candidatos ao Premio á Traxectoria Profesional daranse a coñecer en próximas reunións do xurado.

Deste modo, o xurado do certame ten 15 días para avaliar as candidaturas e, na segunda quincena do mes de xullo, celebrarase unha nova reunión da que sairán os gañadores. Os vencedores nas categorías de Arquitectura e na de Rehabilitación recibirán 6.000 euros, mentres que o premio de Substentabilidade e o de Traxectoria Profesional están dotados con 4.000 euros.

Ademais, os membros do xurado poderán outorgar mencións especiais a aqueles proxectos que non resulten escollidos como gañadores pero que, ao seu xuízo, consideren “merecedoras dun especial recoñecemento”.

Entre os membros do xurado destes galardóns está a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, así como o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García, a directora xeral de Patrimonio, María del Carmen Martínez, e outros expertos cunha “especial vinculación co mundo da arquitectura e a rehabilitación”.

Pode que che interese...