Illa de San Simón, na Ría de Vigo / amigoscc.es

A illa de San Simón lembra aos represaliados franquistas 80 anos despois

A Iniciativa Galega pola Memoria, organiza un ano máis a homenaxe nacional ás vítimas do franquismo que terá lugar o vindeiro domingo 17 de xullo na Illa de San Simón, un espazo que serviu de prisión de centos de republicanos e antifranquistas durante os anos máis duros da represión fascista.

Placa na illa de San Simón en homenaxe aos republicanos detidos na súa prisión / xunta.gal

Placa na illa de San Simón en homenaxe aos republicanos detidos na súa prisión / xunta.gal

De feito, en San Simón houbo moitos presos na súa colonia penitenciaria agardando en moitos casos un desenlace tráxico. “É un sitio para o recordo mais tamén para reivindicar a xustiza nun presente onde aínda segue vixente a impunidade, a mentira e a apoloxía dese réxime de terror”, apunta esta entidade.

Desde a Iniciativa Galega pola Memoria queren que este acto sirva para “defender a verdade, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición”. “Este ano, polo seu 80 aniversario ten especial relevancia para chamar a atención sobre este espazo que debera ser fundamentalmente un lugar para a memoria”, apunta esta entidade nun comunicado.

As persoas que estean interesadas en asistir téñense que poñer en contacto con esta Asociación memorialística co fin de organizar o embarque xa que as prazas, xa que son limitadas. Confirmarase e darase un tiquet a aqueles que poidan embarcar. Ninguén que non estea confirmado e co tiquet poderá embarcar por necesidades da propia limitación de prazas que teñen os barcos. Os interesados poden escribir a [email protected]

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: