fbpx
Campamento romano de Cidadela, en Sobrado dos Monxes / arqueogaliza.blogspot.com

Novas escavacións no campamento romano que controlaba a provincia de Lugo e A Coruña

Tempo de lectura: 2 min.

A Xunta financiará a nova campaña arqueolóxica no campamento de Cidadela, en Sobrado. Unha fortificación estratéxica romana de 400 solados que controlaba a provincia de Lugo e o norte da de Coruña e que era a sede da cohors I Celtiberorum, unidade pertencente á Legio VII Gemina.

Nesta campaña escavarase unha área da muralla (tanto o seu exterior como interior) no seu lado oeste para deixar á vista o espazo intervallum (a distancia até onde alcanza unha lanza). Tamén se realizará un sondaje para comprobar o estado de conservación da muralla no lado sur do campamento, un espazo que quedou máis diluído debido á presenza de construcións como a igrexa e o cemiterio parroquial de Santa María de Cidadela.

Unhas das primeiras escavacións de Cidadela / flickr-Sindo Mosteiro

Unhas das primeiras escavacións de Cidadela / flickr-Sindo Mosteiro

Este campamento ten 2,4 hectáreas de superficie e contaba con enfermaría, cociña ou zona de adestramento. Emilio González Ramil, que dirixiu as últimas escavacións tras o traballo do profesor Caamaño Xesto, destaca que con esta nova intervención poderase seguir estudando as estruturas defensivas do campamento, un dos máis importantes de Galicia xunto co de Aquis Querquennis. Data dos séculos I e II d. C. pero foi abandonado sobre o século V, coas invasións xermánics. Nos séculos VI e VII volveuse reutilizar polos habitantes da zona, que deixaron os seus vestixios nos restos dunha pequena basílica e tumbas de enterramentos tardorromanos.

Polo momento xa se descubriron dous fornos de cocción de pan no parámetro interior da muralla. Por iso, González Ramil di que é probable que aparezan máis e mesmo desenterrar a base da torre de reforzo “que realzaba a defensa desta estrutura militar”. O praetorium (onde residía o comandante da lexión) xa está á vista e tamén o principia (as zonas próximas aos barracóns dos soldados).

Polo momento xa se realizaron os traballos de limpeza do xacemento e xa se atopou moito material construtivo, pero tamén utensilios de cociña, cerámica fina romana, cerámica común, puntas de lanzas, frechas ou fíbulas de bronce. A Consellería de Cultura destinará 90.000 euros para as novas prospeccións (o 80 % está financiado con fondos Feder). Fonte: La Voz

Pode que che interese...