Conxunto arqueolóxico de Santomé, en Ourense / turismo.gal

O conxunto arqueolóxico de Santomé, rodeado pola maleza

Tempo de lectura: 2 min.

Un dos conxuntos arqueolóxicos máis importantes de Ourense, o de Santomé, moi pretiño da capital provincial e no medio da ruta da Prata, atópase rodeado pola maleza. Unha situación da que xa tomou conta o Museo Arqueolóxico Provincial, que enviou unha solicitude de plan de actuación para a zona á Xunta de Galicia.

Este plan, que xa foi aprobado por Patrimonio, constará, segundo o director do Museo Arqueolóxico, Xulio Rodríguez, d roza da maleza sobrante na zona e a reparación e restauración dos xacementos danados. Dita actuación conta cun orzamento de máis de 10.000 euros da Dirección Xeral de Patrimonio e os traballos serán levados a cabo por técnicos do propio Museo Provincial e varios operarios.

A Xunta insiste en que o proceso o levará a cabo unha vez que o Concello, propietario do castro, autorice o plan de actuación. Pero desde a administración autonómica estiman que as obras quedarán concluídas este mes

O conxunto arqueolóxico de Santomé é o único en Galicia no que se poden atopar poboamentos castrexos e romanos xuntos, pero non xustapostos. O primeiro, datado entre o século I a.C e o século II d.C. aséntase sobre un espigón escarpado cun forte desnivel cara ao Sur-Sueste, onde o río Lonia sérvelle de defensa natural. As escavacións puxeron ao descuberto un conxunto habitacional no que a través dunha rúa central e praza vanse articulando diferentes vivendas. No tramo superior, localízase unha torre fortaleza ou torreón que daba acceso ao castro, e que impresiona polos seus macizos e curvos muros. Sáese do poboado a través da rúa empedrada da que se conservan mais de 30 metros do trazado orixinario.

Restos musealizados do conxunto arqueolóxico de Santomé, en Ourense / visitargalicia.com

Restos musealizados do conxunto arqueolóxico de Santomé, en Ourense / visitargalicia.com

Vila Romana

Respecto á vila Romana, aos pés do castro, e datada entre o século III d.C. e V d.C, escaváronse até o momento dúas unidades construtivas. A primeira, á beira da caseta informativa, é unha vivenda con catro dependencias e patio porticado rectangular a modo de atrium, típico das casas romanas.

Na segunda construción, máis complexa, e que consta tamén de patio central, sobresae unha vivenda distribuída en tres dependencias e cunha escaleira exterior de acceso a un piso superior. Nunha das estancias da planta baixa documéntase un excepcional sistema de calefacción (a “trébede”), que deriva do “hipocaustum” romano.

O conxunto atópase a escasos 3 quilómetros de Ourense e rodeado dun espectacular bosque autóctono e unhas boas vistas da capital provincial. Desde os anos 80 veñen realizando escavacións arqueolóxicas por parte do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, documentándose un sitio con diferentes ocupacións temporais que representan un importante xacemento do mundo galaico-romano. Fonte: La Región

Se atopou algún erro nesta noticia, por favor avísenos seleccionando o texto ou palabra en cuestión e presionando Ctrl+Entrar.

Pode que che interese...

Deixa unha resposta

Informe de erros

O seguinte texto será enviado aos nosos editores: